Antifascismo

Si, camaradas, o fascismo morrerá. Pero, haberá de morrer tan só por explosións de entusiasmo? Non. (…) Está moi ben o entusiasmo, está moi ben esa vontade de loita antifascista que se reflicte neste grandioso acto e nos que se celebran estes días. Pero tedes que comprender todos, que a este desexo e a esta vontade hai que darlles unha forma orgánica, hai que canalizalos nunha forte organización que desenvolva a loita e nos leve ao triunfo sobre a reacción e o fascismo.

Tres anos de loita. José Díaz

Caracterización do fascismo

As crises económicas son o caldo de cultivo perfecto para que as burguesías nacionais alimenten e promocionen á extrema dereita.

A forte inestabilidade social que se dá durante estas, fai cambalear os cimentos da sociedade capitalista, e a intensificación da loita de clases provoca que os poderosos lle vexan as orellas ao lobo, sentindo pánico ante a posibilidade de que lles sexan arrebatados os seus privilexios de clase.

Ante isto tratan de frear os avances populares de maneira inmediata mediante a represión institucional (coa lexislación, coa policía, coa represión administrativa…), que unicamente lles serve de maneira temporal.

Segundo van avanzando as ideas revolucionarias na sociedade, ven obrigados a frear por calquera medio posible estes avances, para o que non dubidan en traspasar a súa propia legalidade. Con este fin xorde o fascismo e a extrema dereita: ser o último resorte para manter a orde social existente e tratar de frear os avances populares.

As clases dominantes, conscientes de que unicamente mediante a violencia non van poder salvagardar os seus privilexios, tenden a desenvolver movementos que aparentemente defenden os intereses dos/as traballadores/as nacionais utilizando unha linguaxe demagogo e populista, e unha retórica ata revolucionaria para enganar e confundir, pero que obviamente son inofensivos para a estrutura económica.

O fascismo, co apoio da burguesía nacional e internacional, co apoio que reciben dos medios de comunicación e coa indispensable axuda das estruturas do propio Estado, como son Policía, xuíces ou políticos, conseguen expandir a súa mensaxe populista e demagoga, camuflado nunha linguaxe e nunha posta en escena defensora dos intereses dos/as traballadores/as e da patria, e asumindo as demandas sociais concretas existentes na poboación. Segundo Dimitrov: “o fascismo adapta a súa demagoxia ás particulares nacionais de cada país e incluso ás particularidades das diferentes capas sociais dentro dun mesmo país. E as masas da pequena burguesía, incluso unha parte dos obreiros, levados á desesperación pola miseria, o paro forzoso e a inseguridade da súa existencia, convértense en vítimas da demagoxia social do fascismo”.

Con todo cando falamos de fascismo, e algunhas das súas características como o racismo e a xenofobia, non falamos de fenómenos illados ou respostas sociais a realidades concretas. Os elementos ideolóxicos do fascismo e a exaltación dos valores máis conservadores, non xorden espontaneamente en ningunha sociedade, vanse introducindo aos poucos de maneira sutil ou aberta, a través de procesos “educativos”, relixiosos, grupos ou partidos políticos e propaganda alienante, a través de medios de difusión. O caldo de cultivo que permite a proliferación das ideas fascistas é unha mestura entre ignorancia, prexuízos e fanatismo. Franz Fanon dicía que: “o racismo non é unha constante do espírito humano senón unha disposición inscrita nun sistema determinado”.

Analizando por tanto o seu desenvolvemento, os seus intereses e pretensións, dedúcese que indubidablemente os movementos fascistas son instrumentos da burguesía que permanecen aparentemente durmidos e que son espertados e promovidos naquelas situacións nas que pode poñerse en perigo o orde socio-económico capitalista.

O fascismo pode desagregarse en dúas bases, unha económica e outra ideolóxica. A súa base económica permanece practicamente inalterable, sendo a rama ideolóxica a que máis variacións presenta, debido a que pode presentarse cunhas formas máis tradicionais (como é o caso do falanxismo) ou cuns postulados máis renovadores (como podería considerarse ao “Fascismo do Terceiro Milenio” de Casa Pound).

A extrema-dereita no Estado español adopta diversos rostros na actualidade

A pesar de que o fascismo de corte autoproclamado “revolucionario” e o fascismo máis conservador e institucional parecen defender posicións diferentes, ambos coinciden en difundir posicións interclasistas, xa sexa mediante a negación da existencia das clases sociais ou mediante o chauvinismo, situando os intereses da nación e do Estado por riba das clases concretas, obviando o carácter de clase do Estado e polo tanto facilitando á burguesía nacional a explotación e dominio ideolóxico sobre a clase obreira. A pesar de que o seu discurso demagóxico poida acusar dos problemas existentes a diversas causas (os capitais estranxeiros, o poder económico xudeu, a inmigración, o islamismo, os chamados “nacionalismos periféricos”, etc.) a súa práctica vai encamiñada a combater o movemento obreiro e as organizacións revolucionarias, xa sexa desde a ilegalidade dos grupúsculos fascistas ou desde as institucións do Estado mediante a lexislación ou o uso das estruturas represivas do Estado.

Outra característica compartida pola extrema-dereita no Estado español é a defensa dun modo ou outro de valores tradicionais como método de transmisión da ideoloxía dominante, que a sustentan con alicerces como a concepción burguesa da familia e a moralidade católica -encamiñadas a someter ás mulleres traballadoras-, a sexualidade e as relacións afectivas que pretenden perpetuar a orde burguesa.

Unha das causas polas que no Estado español non se desenvolveron tanto como noutros países de Europa estes movementos foi pola falta de persecución á que foron sometidos, xa que non tiveron a necesidade de reformularse a estratexia que tiveron desde os seus inicios, tampouco modificaron o seu discurso nin a súa forma de actuar, a diferenza doutros países nos que o fascismo si que estivo perseguido e como consecuencia tivo que mutar para poder ser aceptado socialmente. O fascismo no Estado español ha permanecido por tanto ancorado noutra época sen saber adaptarse ás realidades, e aquelas organizacións que tratan de ser máis transgresoras non logran ser máis que unhas bastas copias doutras organizacións europeas.

A nosa estratexia na loita antifascista

A loita contra o capitalismo

Non existe mellor estratexia para combater o fascismo, que a loita contra o sistema capitalista e contra o imperialismo. É tan importante o ter claro e non confundir o fascismo como fenómeno illado, como o non crer que o antifascismo é un proceso illado da loita de clases. Igualmente é importante para unha organización comunista e revolucionaria como a nosa, ter claro que enfrontar ao capitalismo nos leva a enfrontarnos directamente coa súa ferramenta máis reaccionaria e violenta, o fascismo, e que para iso debemos levar a ofensiva na loita ideolóxica, e non só estar preparados para repeler os seus embates, se non atacar e confrontar cos fascistas cada vez que tenten gañar terreo ou asomar a cabeza.

A confrontación directa contra as bandas fascistas é indispensable pero igualmente é importante o combate e a denuncia do fascismo institucional incrustado no sistema, e contra os partidos extremodereitistas representados nas institucións.

Denunciar e desenmascarar do fascismo tórnanse nun eixo elemental na loita antifascista, para tratar de que non contaminen coa súa mensaxe á sociedade, así como para destapar os numerosos vínculos existentes entre o fascismo institucional, as bandas fascistas, a policía, o exército e a xudicatura.

A denuncia do fascismo e a loita antifascista debería integrar a todas aquelas persoas que traballan pola defensa dos dereitos contra o inxusto sistema social, e ven afectadas de forma directa pola represión e a violencia fascista.

Os colectivos e coordinadoras antifascistas

Para a nosa organización é estratéxica a participación dentro de organizacións antifascistas, seguindo o exemplo da Coordinadora Antifascista de Madrid que leva moitos anos acumulando experiencia, contactos e mecanismos de traballo que coinciden en gran medida coa nosa concepción ideolóxica anticapitalista (aínda cando hai grupos de distintas ideoloxías) e a nosa visión política sobre a construción dun movemento de forzas necesarias para a construción dun bloque digno herdeiro da experiencia da Fronte Popular.

Debemos incidir e desenvolver loita ideolóxica, con humildade e honestidade defendendo sempre a unidade entre os diferentes sectores antifascistas, buscando integrar e concienciar ao conxunto da clase traballadora (e concretamente aos sectores que sofren de maneira especial a violencia e persecución fascista) na loita contra o racismo, a xenofobia e o fascismo contrarrestando a desinformación e o terrorismo dos medios que coloca aos grupos fascistas e antifascistas como “dúas caras do mesmo” ou “bandas ultras dos dous extremos” e facendo ver que a loita antifascista é unha expresión máis da loita de clases.

Coordinación estatal

Apostamos por unha coordinación estatal de organizacións e colectivos antifascistas. Non podemos ser alleos á realidade existente no Estado español, onde os grupos fascistas e a represión contan con vínculos orgánicos a nivel estatal, e mesmo europeo. O movemento antifascista debe apostar por fortalecer os lazos e vínculos con outras organizacións antifascistas do Estado tendendo a unha maior coordinación e unidade de acción que reforcen mutuamente ao movemento antifascista nos diferentes territorios.