Liña Ideolóxica
- Iniciativa Comunista é unha organización marxista-leninista do Estado español.
- O noso programa básico é a reconstitución do Partido Comunista, a revolución e a construción do socialismo. O noso obxectivo final é o fin de toda opresión: o comunismo.
- Identificamos como central a contradición entre capital e traballo, e recoñecemos por tanto os intereses obxectivos da clase obreira como os potenciais intereses revolucionarios que conquisten para a humanidade a súa emancipación de toda explotación.
- Esta só se logrará a través do control obreiro da economía, dos medios de produción, como base fundamental do cambio material necesario para a edificación do socialismo, como paso imprescindible para a consecución da sociedade comunista.
- Asumimos como propia toda a historia do socialismo científico e do movemento obreiro desde unha perspectiva autocrítica, tentando distinguir entre os erros ou acertos do movemento comunista e revolucionario internacional.
- Dentro dese espírito de autocrítica e balance, tomamos como fundamentais as achegas do feminismo de clase como parte da loita revolucionaria que tamén conduza ao fin do patriarcado e á plena emancipación das mulleres.
- Caracterizamos o Estado español como un Estado imperialista, sendo conscientes das consecuencias que iso comporta para nosa práctica.
- Recoñecemos como propia a análise filosófica-práctico e a metodoloxía científica do marxismo, co materialismo dialéctico e histórico como ferramentas fundamentais para a comprensión e transformación do mundo e a sociedade na que vivimos.
- Asumimos o centralismo democrático como ferramenta fundamental na organización da loita revolucionaria.