Leninismo e cuestión nacional

2026-07-22T17:05:20+02:0022 de Xullo, 2026|Documentos|

PDF: Leninismo e cuestión nacional

Con motivo do 25 de Xullo, Día da Patria Galega, e coincidindo coa necesidade de seguir afondando no debate sobre a cuestión nacional e as posicións que as comunistas galegas debemos adoptar respecto dela, queremos achegar este texto, que consideramos unha contribución de grande utilidade para clarificar algúns dos principais debates que atravesan o movemento comunista neste eido.

O documento é a tradución dun artigo publicado no número 7 da revista Liña Vermella, en outubro de 2021. Aínda que foi elaborado fai un lustro, pensamos que as reflexións que contén conservan plena vixencia e poden servir como ferramenta para o estudo e o debate.

Ao longo das súas páxinas, o artigo parte da definición marxista-leninista de nación e realiza un percorrido polos principais debates históricos da cuestión nacional no seo do movemento comunista. Analiza as distintas posicións adoptadas ao respecto, a relación entre a cuestión nacional e a loita de clases, o carácter táctico que debe presidir o apoio aos movementos nacionais e a organización das comunistas, así como o único principio irrenunciable nesta materia: a defensa do dereito de autodeterminación, incluído o dereito de secesión. Do mesmo xeito, afonda na necesidade de preservar a independencia política do proletariado fronte á burguesía, tanto das nacións opresoras como das nacións oprimidas, combatendo toda subordinación á política nacional burguesa e situando sempre os intereses da clase obreira por riba de calquera alianza interclasista. O texto tamén aborda a relación entre nacionalismo e internacionalismo proletario, a cuestión organizativa do movemento comunista e a análise histórica do desenvolvemento das nacións desde unha perspectiva materialista.

Agardamos que esta tradución contribúa modestamente ao estudo, á reflexión e ao debate entre as comunistas galegas. Pola nosa parte, queremos reiterar a importancia de defender a independencia política do proletariado, de avanzar cara á unidade comunista sobre principios firmes —entre eles, o recoñecemento do dereito de autodeterminación dos pobos— e de fortalecer o traballo teórico, político e organizativo que permita avanzar na construción do Partido Comunista como instrumento imprescindible para a emancipación da clase obreira.

PDF: Leninismo e cuestión nacional

Go to Top