Movemento Obreiro, servizos públicos e resistencias fronte á crise

No período dos combates do Ruhr, os comunistas alemáns puideron comprobar o coñecido feito que os obreiros non sindicados se mostraran máis revolucionarios que os obreiros sindicados. Humbert-Droz móstrase indignado por iso e afirma que iso non puido ocorrer. Cousa estraña! Por que non puido ocorrer? No Rhur hai cousa dun millón de obreiros. Preto de douscentos mil pertencen aos sindicatos. Os sindicatos diríxenos burócratas reformistas ligados por infinitos fíos á clase capitalista. Que ten de sorprendente que os obreiros non sindicados se mostrasen máis revolucionarios que os sindicados? Seica podía ser doutro xeito?

– O problema dos combates de clase do proletariado. J. V. Stalin

A cuestión sindical

A participación dentro do movemento obreiro por parte de IC é un obxectivo estratéxico para a organización, e por tanto prioritario. Con todo hai que lembrar que nós non loitamos exclusivamente por tal ou cal mellora económica ou social dun sector dos/as traballadores/as ou de todas as clases traballadoras, senón que o noso traballo aspira a transmitir conciencia revolucionaria ás traballadoras e traballadores (tanto no seu sentido colectivo, como individual). Isto quere dicir que o noso labor é gañar para o campo revolucionario aos sectores de traballadores/as de pensamento avanzado e intermedio. A necesidade da clase obreira pola construción dun novo poder proletario fronte á vella orde burguesa é debida a causas obxectivas e para iso a única forma pasa por articularse como clase a todos os niveis, inclusive na organización das e os revolucionarias/os, o Partido Comunista. O militante de IC debe saber vincular cada problema, cada inxusto tratamento do sistema capitalista á nosa clase xa sexa parcial ou xeral ao problema xeral da orde capitalista e a necesidade obxectiva da súa derrube e implantación da ditadura do proletariado.

A nivel xeral a clase traballadora española non está sindicada, aínda que si podemos definir que nos sectores estratéxicos segue habendo unha alta porcentaxe de afiliación sindical. En calquera caso os duros anos de loitas económicas farán que os sindicatos volvan ter importancia e un máis que probable reordenamento das centrais sindicais. Dentro da propia realidade da organización, IC asume a necesidade de contribuír no desenvolvemento e fortalecemento dun sindicalismo de clase e de combate.

Por outra banda non podemos negar unha realidade de millóns de traballadores e traballadoras non sindicadas que se articulan a través doutras estruturas (asembleas, barrios, plataformas, piquetes), a nosa principal consigna é que a organización debe axitar alá onde estean os traballadores e traballadoras, por tanto non debemos desprezar outro tipo de estruturas polo mero feito de non seren estritamente sindicais.

IC defenderá en calquera espazo sindical ou político onde participe os seguintes principios do sindicalismo:

  • Principio de Unidade de clase: a unidade da clase obreira é fundamental para a defensa dos seus intereses. A nosa forza reside na unidade e na forza da esmagadora maioría, a par de que os burgueses parasitos nos necesitan para facer funcionar o seu mundo. A unidade non debe forxarse baixo calquera pretexto e a consigna debe entenderse dentro do campo da estratexia revolucionaria: Unidade para o combate aos plans e ao programa da burguesía, unidade de acción contra a patronal e os seus esbirros e unidade orgánica para a reconstrución do sindicalismo de clase e de combate. Unidade ante a agresión, se tocan a un sector dos/as traballadores/as, tocan á clase obreira.
  • Principio de democracia popular: A principal ferramenta decisoria dos obreiros e das obreiras é a asemblea de traballadoras/es.
  • Principio de legalidade obreira: Calquera método de loita ou calquera desobediencia ás leis burguesas está xustificada se a asumen os traballadores e as traballadoras. Non podemos cinguirnos ao marco de legalidade burguesa que nos oprime e estrangula. As leis están deseñadas para desarmar e facer inofensivo ao movemento obreiro. De forma estratéxica, a primeira lei burguesa que hai que rexeitar abertamente é a propiedade privada dos medios de produción e os recursos.
  • Principio de combatividade: Entendemos que o sindicalismo debe ser de confrontación directa cos intereses da patronal.
  • Principio de independencia económica: A clase obreira finánciase por si mesma. As cotas dos/as afiliados/as deben ser a principal fonte de financiamento das organizacións obreiras para garantir a non inxerencia da burguesía no seu interior.
  • Principio de violencia revolucionaria: É a violencia a que garante a perpetuación da inxusta orde burguesa, polo que só mediante a violencia revolucionaria, confrontando o novo poder fronte ao vello, podemos garantir o triunfo da revolución. Calquera paso para armar á clase obreira e ao pobo é positivo a condición de que sexa asumido por si mesmos.

O empobrecemento absoluto da clase obreira e o benestar material

Os últimos anos de crises provocaron un empobrecemento absoluto da clase obreira, o salario mediano diminuíu un 10% á vez que os bens de primeira necesidade se revalorizaron da orde dun 15%. A tendencia, lonxe de investirse, continua agudizándose no que se coñece popularmente como os recortes.

Entre outras contradicións o capitalismo é incapaz de solucionar tres grandes contradicións evidentes para calquera traballador/a, e como tal debemos centrar a nosas consignas nos espazos populares de resistencia para os efectos da crise.

  • O proletariado desafiuzado, milleiros de traballadores e traballadoras sen acceso á vivenda mentres que o Estado español cultiva o maior parque de vivendas de Europa. “Xente sen casas, casas sen xente”.
  • As elevadas e insostibles taxas de paro, que afectan fundamentalmente á mocidade e ás mulleres, contrastan asombrosamente co xa consumado aumento da idade de xubilación e a intención de volver subilo ata os 70 anos. As evidentes necesidades sociais e materiais que se deben cubrir con postos de traballo que ninguén xera. “Mozas/os sen traballo, anciás/ns traballando”.
  • A fame volve azoutar á clase obreira, mentres as casetas dos supermercados sobordan de comida. Os magnates da alimentación fan fortuna mentres tiran toneladas de comida. Ademais grandes extensións de terra no Estado español están en mans improdutivas, a repartición da terra segue sendo unha conta pendente da herdanza latifundista semifeudal. “Supermercados cheos, familias con fame”.

Esta sensación fixo que as grandes capas populares apoien de feito ou de palabra diversos movementos sociais como poidan ser as mareas en defensa dos servizos públicos, as asembleas de barrio, as redes de solidariedade asistenciais etc. Debemos aproveitar estas contradicións para xerar conciencia revolucionaria a través destas redes ou xunto a elas, non dar leccións desde fóra a un público que non vai estar disposto a escoitarnos.

Debido a que estes espazos son moi heteroxéneos deberemos afinar a política de alianzas para non illarnos e tratar de buscar sempre a liña de separación entre o campo revolucionario e o campo reformista. Entendemos que a liña fundamental pasa por evidenciar os puntos nos que están de acordo os partidos do réxime.