Níxer, interimperialismo ou vello imperialismo francés?
O pasado 26 de xullo, unha Xunta Militar liderada por Abdourrahmane Tiani alzouse sobre o Goberno monicreque de Mohamed Bazoum. Ao recibir a noticia, as rúas da capital, Niamey, enchéronse con milleiros de persoas que saíron celebrar o que pode significar a expulsión definitiva de Francia do país africano.