Iniciativa Comunista Galiza. Construír o partido para organizar a revolución.

2023-08-31T17:05:18+02:0028 de Maio, 2019|Actualidade|

O pasado sábado 25 de maio presentouse IC no CS A Revolta do Berbês na cidade de Vigo. IC é unha organización marxista-leninista que defende os intereses da clase obreira galega e ten como obxectivo a construción dun partido comunista de liña revolucionaria que afronte as tarefas precisas para a construción dunha república socialista galega.

É hora de organizar á clase obreira galega nunha estratexia revolucionaria.

IC fai un chamamento á clase obreira galega a organizarse ó redor dunha estratexia revolucionaria cos seguintes principios:

  • Actualmente non existe un Partido Comunista na Galiza nin no resto do Estado español.
  • Organizarse en torno ao m-l e o centralismo democrático.
  • O Estado español é un Estado imperialista.

Galiza é unha nación oprimida dentro dun Estado imperialista.

  • Existe unha burguesía galega aliñada cos intereses da oligarquía monopolista do resto do Estado.
  • É preciso construír a organización que defenda os intereses da clase obreira dende un punto de vista internacionalista.
  • Nunha estratexia revolucionaria non cabe alianza coa burguesía nacional.

Unha análise científica levaranos a un futuro de vitorias.

  • Só a existencia dun movemento de masas con estratexia revolucionaria demostrará a existencia do Partido Comunista.
  • Galiza precisa do esforzo de todos e todas para organizar a revolución.
  • É tarefa de toda persoa que se diga revolucionaria non perder nin un minuto máis.

Organizarse en torno ó m-l, desenvolverse conxunto ás masas, prepararse ante a ofensiva do Imperialismo, construír células por toda a nación. A historia non agarda, a clase obreira galega cumprirá as súas tarefas pola revolución proletaria!

Contáctanos enviando un correo a iniciativacomunista.gz@gmail.com, en twitter @IC_Galiza ou facebook @IniciativaComunistaGz

Go to Top