As eleccións sacian as súas necesidades, non as túas

2023-12-26T02:14:22+01:0014 de Xullo, 2023|Actualidade|

O 23-X enfrontámonos a unhas novas eleccións. Unhas eleccións nas que a socialdemocracia alternativa abandona toda pretensión radical e acepta docilmente o seu papel como muleta do PSOE.

Diante da perspectiva dunha vitoria do bloque reaccionario, toda a campaña da esquerda reformista xira ao redor de mobilizar o «voto do medo» fronte á chegada da extrema dereita. Pero debemos preguntarnos o seguinte: Seica podemos confiar no reformismo para loitar contra os reaccionarios? Seica non son as promesas incumpridas do reformismo as que permitiron o ascenso dos reaccionarios? E máis importante aínda: Non defenden os reformistas e os reaccionarios o mesmo sistema capitalista de explotación?

A política parlamentaria da última década foi a historia do ascenso e caída de toda unha xeración de reformistas que chegaron ao alto da política surfeando a onda de mobilizacións do 15M e as loitas anti-austeridade, pero que, unha vez no Goberno, probaron ser incapaces de satisfacer as esperanzas populares que eles mesmos espertaron. E é que non se trata de se o reformismo ten ou non unha vontade real de cambiar as cousas. Trátase de que, no marco dun Estado burgués, non hai espazo para gobernar para outra clase que non sexa a burguesa. Ou en palabras do propio Pablo Iglesias, “démonos conta de que estar no Goberno non é estar no poder”.

O reformismo, como parte integrante da orde burguesa, denuncia o aspecto moral da explotación, a opresión e a desigualdade, pero á súa vez esconde a súa orixe real, que non é outro que a sociedade clasista, ordenada baixo a lóxica brutal da extracción de plusvalía. Desta maneira, a reforma substitúe a revolución e a soberanía política da clase obreira é suplantada pola subordinación á política burguesa.

Para loitar contra os nosos inimigos debemos dotarnos das ferramentas adecuadas. E iso significa que necesitamos organizarnos cunha política independente, á marxe da lóxica dos partidos reformistas e do seu circo parlamentario. En definitiva, necesitamos recuperar a soberanía da nosa clase.

Por iso, perante estas eleccións, desde Iniciativa Comunista dicimos alto e claro:

Non necesitamos a ningún partido do Parlamento!

Necesitamos un Partido para a Revolución!

Go to Top