Construamos o Partido, academos a verdadeira independencia!

2023-12-26T02:15:17+01:0025 de Xullo, 2023|Actualidade|

Un ano máis, o 25X saímos ás rúas a denunciar a opresión nacional que exerce o Estado español contra o noso país. Pero outro ano máis, as comunistas galegas estamos espalladas sen unha organización referente.

Atopámonos no preludio dunha nova Guerra Mundial, coa que novamente o imperialismo decrépito quere sortear o seu derrube económico. A burguesía alenta de novo ao rexurdimento do fascismo, mentres a socialdemocracia se presenta como a salvadora do pobo. Porén, as comunistas sabemos que os reformistas e os reaccionarios defenden o mesmo sistema de explotación, só son dúas caras da mesma moeda. Cómpre asumir as tarefas históricas do proletariado revolucionario.

Somos conscientes que unha autodeterminación real nunca chegará baixo o xugo do capital: non cabe unha Galiza ceibe na súa democracia burguesa. Para derrocar ao sistema capitalista o proletariado necesita a súa organización independente, a súa liña revolucionaria, o Partido Comunista. Cómpre construír a principal arma do proletariado, esa debe ser a nosa tarefa principal.

O movemento comunista galego debe pular pola unidade comunista. Non como unha simple unión de siglas, senón como un proceso de debate para definir un programa político que teña como obxectivo a reconstitución do Partido.  En definitiva, cómpre rachar co reformismo e dar un salto cualitativo cara a organización de vangarda.

Construamos o Partido, academos a verdadeira independencia!

Go to Top