Abrir o camiño, construír o Partido

2023-08-31T17:04:57+02:0023 de Xullo, 2019|Actualidade|

Cada comunista ten a responsabilidade de abrir este camiño. Non hai outra maneira. Durante décadas estivemos desarmados e cativos, afeitos a perder todas as batallas, normalizando a derrota nas nosas almas, desenvolvendo un activismo sen expectativas tan autocompracente como estéril…

Hai que saír das trincheiras para procurar o encontro. Sen Partido non hai futuro para a clase obreira. Sen Partido, de feito, non haberá futuro para ninguén. Esa é a tarefa que a historia nos esixe. Desposuírnos de egos e dogmatismos, dar os pasos precisos para rearmar á nosa clase e saír do cativerio.

A unidade comunista é un camiño que debe concretarse nesa ferramenta. É un camiño difícil que nos esixe abandonar os camiños mortos, mil veces transitados, para abrir unha nova senda. É un camiño que nos obriga a saír do noso espazo de confort, a confrontar as nosas contradicións e superalas.

É un proceso dialéctico tan natural como preciso. O novo ábrese paso con entusiasta convicción. Trae consigo a razón da necesidade e enfróntase ao vello nesa contradición. Non nos aferremos ó vello. Defendamos o futuro que as novas xeracións de comunistas están a reclamar. Se fósemos capaces de unirnos, que fermoso e próximo sería o futuro.

Demos todos os pasos precisos para abrir este camiño.

Fronte ó Estado español, construamos o Partido!

Go to Top